O Castelo en tempos celtas

O Castelo II

O esbozo deste testigo o mencionar a cerca, estase referindo a un antigo parapeto defensivo, que como xa apuntamos correspondía a unha estructura defensiva castrexa.

Estas definicións, leváronnos en procura de algunha sinal, que corroborase os datos, que os declarantes, fixeron naquel xuízo, que gracias a publicación “Las Fortalezas de la Mitra Compostelana y los “Irmandiños”, llo estamos contando.

Cal non sería a nosa satisfacción, cando nas grandes moles graníticas, que na actualidade conforman o Castelo, nos atopamos coas entallas das claves, onde se asentaba a “cerca almenada”, Como os testigos a denominan.

ATAQUE Ó CASTELO

Ó longo da historia, o Castelo palmeirán, foi motivo de diversos abatares, tanto pola las loitas internas da nobreza, como polos levantamentos da irmandade, en contra do indolente poder feudal.

Neste relato, so faremos referencia a un deles, analizando moi por enriba, as causas do levantamento, para continuar coa incidencia dos irmandiños, neste lado da comarca.

AS CAUSAS DA SUBLEVACION

Cando a xente se levanta desta maneira, e por circunstancias extremas, e para arranxar o deterioro as facturas soen ser luctuosas.

As causas que levaron a esta caótica situación foron: Por un lado, o cambio climático que durante unha década se viña arrastrando. E por outro: a envilecida nobreza corrompendo máis o ambiente; convertendo as fortalezas en guaridas de bandidos, onde rouban, violan e secuestran, pedindo rescate.

Non era pouco a desgracia de inundacións, sequías e xeadas; que o señorío, necesita subir o seu nivel de ingresos, ameazando os labregos con severas sancións ou perda das propiedades, de non facer fronte os novos trabucos

Esta presión, faise insoportable tamén nas cidades, provocando que burgueses e artesáns salten furiosos a rúa, e arremetan contra o señorío laico e eclesiástico, que asustados fan corren polos montes e fuxir de Galicia.

ANTERIOR
O Castelo III