O Castelo Palmeirán

O Castelo III

LEVANTAMENTO IRMANDIÑO.

Organizada a irmandade, e desbaratado o poder feudal, os irmandiños percorren o territorio, derribando canta fortificación, atopan o seu paso.

CHEGADA A POBRA

Entran os cuadrilleiros nas pobras de Don Diego de Muros i Esteban de Xunqueira, e os veciños enfervorizados reloucan entre nubes de po, estrondos, e moreas de escombro.

Derrocada a torre de Xunqueiras e repostas as forzas, o exercito acorda dirixirse a Palmeira, onde se ergue o Castelo, do arcebispo Fonseca.

Arrastrando a povoreda e cheiro de exercito antigo, asoman con rexio estilo polo campo de Esteirón, os tenentes da institución; portando varas, estandartes e pendóns da liga irmandiña, redimindo con aquela estampa, as almas dos extreñidos cautivos.

O alcalde da irmandade Juan Domínguez de Liñares, Juan de Santiago e outros principais,

—destinados a ocupar os cargos de alcaide uns, e impartir xustiza outros—, encabezan a comitiva.

Detrás: flanqueando os carros, séguenlle os peóns i especialistas en derroques, que camiñan cansados, escarranchados, desordenados e despeiteados.

O vecindario en cómicos saltos, vaise aliñando o largo da rúa Vella, para disfrutar do pintoresco, vasto, e transcendental desfile

Os gobernantes fachendosos, presiden a longa récoa da xoven mesnada, que con aire chungo, saúdan os espectadores amosando alegres facianas,

Chegados a altura de Parte ó Río, o tenente da institución manda deter a tropa, e con solemne xesto, presenta ó rexemento.

¡Palmeiráns! ¡Hei eiquí os vosos irmáns! ¡ ¡O mellor de cada casa!

 

ANTERIOR
O Castelo IV