O Castelo I

O promontorio de rochas que serve da abrigo o porto de Palmeira coñecido como Castelo, tivo o través da historia un singular protagonismo, xa que dende remotos tempos, serviu de estratéxico refuxio, a cantos grupos humanos se asentaron neste lugar.

Algúns destes feitos, coñecémolos gracias os testimuñas do preito Tabera Fonseca, cando no ano 1520, os declarantes, presentados por ambos prelados, definen con bastante detalle, as condicións constructivas en que se atopaba, o Castelo.

Neste preito, o novo arcebispo Tabera, culpaba o anterior Fonseca, do ruinoso estado en que deixara as propiedades da mitra, reclamándolle por tanto, a restauración das mesmas.

As declaracións dos testigos, reflexan unha extraordinaria estampa do Castelo, o describir como eles o recordaban cando eran nenos, e tamén, os comentarios que os seus maiores facían, sobre a súa antigüiedade.

No folio 1522, correspondente a declaración de Juan Pérez de Palmeira, presentado por Fonseca; entre outros matices , di o seguinte:

O Castelo Palmeirán no levantamento irmandiño

“Dixo el textigo que vido el castillo de Palmeira siendo mochacho pequeño... despues oio dezir, quel dicho señor Patriarca de Alexandría, arçobispo de Santiago, adreçara de dentro del, e que ficiera en élla unas cubertas con juncos, donde se acogia e ponian las viandas, e que la tomara Suero Gomez e otra mucha gente que con el venia,”... y el dicho Suero Gomez, la derrocara y arrasara, el dicho castillo de Palmeira, que no era fortaleza antigua ni quedo ansi como estaba de los gentiles,

Ó mencionar ós xentís, deducimos, que naquela época, aínda quedaban sinais do muro defensivo, correspondente a unha estructura castrexa, e por outro lado, fan claras referencias o Castelo.

Juan Fariñeiro, veciño de da Vila de la Pobra del Deán, presentado por Fonseca di:

“avia una çerca alderredor bieja de tiempo biejo, de la altura de un hombre de piedras muy grandes, que no eran labradas e puestas secas”

O Castelo II
Paradores