Paraxe das dunas de Olveira

Coa modernidade fiscalizadora que este glorioso sistema lle impón ao sufrido vecindario que dende a antigüidade cavernaria pululaban por estes xuncais levando da corda os rabaños, cazando e mariscando nas pozas dos ríos en procura de sustento; agora, antes de pisar estas brañas, sentes unha sensación de furtivo, delincuente e profanador de uns chans, que por arte de birlibirloque, pasaron a mans de uns intrusos, que coma invasores (evanxelizadores), nomeáronse donos de un espazo que a modo de fronteiras do Oriente Medio reprenden severisimamente a canto ouse  profanar , non sei si o sono dos parrulos, ou é para evitar que alguén poida mergullarse nas fecais pantanosas charcas da parroquia de Artes.
Lexislan e administran o territorio ó modo dos señores neofeudais:  "granxas", "conlleiras", "faxardas", "correas"...

 

Restos da existencia de outras civilizacións espállanse por este territorio. Xacen esparexidos polo coto dos amos da costa, sen que ninguén se inmute. Ignorado ou menosprezado o seu valor, polos colonos asentados en dito lugar, que, a modo de observatorio militar, barren cos prismáticos en procura de calquera vulto que asome polos seus dominios, para botarse encima de algún despistado, que chegue a profanar o sono das aves que dormen entre os xuncos, ou ben, que o "intruso" poida descubrir o fétido vertido que deliberadamente esvara polas cañarías das poboacións próximas, que emponzoñan a flora e fauna da lendaria e cristalina lagoa, que custodiada pola Rede Natura, vai cara a transformarse na gran cloaca do Carregal, espello perfumado e podre, onde a cuaternaria duna se veu peiteando o longo de milleiros de lustros.
BORRADOR Páxina en proceso
Dende o petouto do Facho Vello
Sospeitoso pedrugallo de Pedrecelos Pequeno. Ó fondo, as Pedras da Ferreira
Lendarias Pedras do Canal. Dicía o Padre Sarmiento que estas charcas estaban plagadas de sapos conchos, e a siña Ramona, que enchia o regazo de ameixas
Vestixios na zona
Charca no entorno dunar
Praia da Ferreira

A medida que me vaia inspirando nestas acedas críticas, irei despotricando contra canto movemento de terras e verquidos estean agredindo esta paisaxe, que a natureza puxo para disfrute de todos os que poidan considerarse humanos, intelixentes, ou o menos, humildes e respectuosos con estas marabillas que o Demiurgo nos regalou, Pois si non protexemos; non entendemos, apreciamos e respectamos a sublime obra da natureza; Que un raio nos parta a todos.

Pros que saen a vender os engados da nosa terra, sexa a modo de viandas, praias e miradores de largo alcance, enchendose de garbo e fachenda cando pousan o lado dos estáns —como si eles fosen os que se venden, como bois, centolos, nécoras e besugos—, Teño que dicirlles que primeiro deben coñecer o artículo que levan o mercado i en que condicións se atopa.

Moitos terán complexo de soltar estes velenos, denunciando o atraso cultural e sensorial da nosa comarca.

A miseria que na actualidade embarga os súbditos que forman esta sociedade composta por vasallos e servos, condiciónanos a permanecer coa boca pechada diante da desfeita medioambiental; destrucción de montes emblemáticos, recheos salvaxes que devoran as agarimosas praias e talla de bosques de sacra veneración, sen que o pacente espectador pestanexe, nin se atreva a maldicir a quen tal desfeita consinte; e todo, por mor de que a calquera momento teña que arrastrarse pedíndo favores para que lle socorran a un fillo, neto ou sobriño, con un contratiño para limpar unha praia, arreglar unha acera, poñer un uniforme ou ocupar unha silliña.

Pedras da Ferreira
Ó fondo, Pedrecelos

Estamos nas mans de uns torpes que obran pola súa intuición sen ter idea do que fan, nin onde pisan. A quén se lle ocorre poñer unha pasarela de madeira sobre o lombo de unha duna viva, que cando sae do inverno, da volta para o vendaval, envolvendo o sendeiro de táboas e a quen se lle poña por diante.

¡Lástima non enterrar aos que tal derrochan, a ver si de unha vez aprendían!

Antigamente as pragas surtían efecto, por que todo era mais natural. Agora neste estado laico e aconfesional, hasta os máis católicos se rin delas.

Pero como os contribuíntes, carecemos de autoridade algunha, so nos queda o recurso de acudir a estes métodos de conxuros, maldicións e toda crase de feitizos, para condenar os responsables de canta millonaria e chapuceira obra nos destruen a lozanía da nosa terra. Véxase o recente levantamento da custosísima "alameda" de Aguiño, con media ducia de anos, e tódalas coñecidas e recentes pasarelas en estado ruinoso.

Si a estas pedras puidese arrimarse un camión, a estas horas, ¿onde andarían os seus restos!

Quero dicir con esto, que, o pouco que permanece en estado natural, non é por ningunha lei de protección, nin custodia ou sensibilidade por parte dos habitantes do seu entorno, pois cando lle peta a administración —a hora de velar por la natureza que é o que realmente lles gusta os visitantes—, mira para outro lado ó igual que fixo, cando de día polo sol se permitiu o saqueo de miles de toneladas de area, o que provocou que as dunas, mermaran significativamente na súa altura.

A natureza no seu primixenio estado, é o que máis chama a atención aos que escapan do asfalto. Veñen casualmente a encontrarse co natural, co xenuíno, coa flora salvaxe e non precisan de pasarelas nin rexas de aluminio como as do múelle de Palmeira, exemplo de mal gusto, patanería e falta de profesionalidade de quen deseña uns pantaláns para o múelle mais antigo da ría. "Enxeñería dos torpes" termo aínda sen rexistrar na Real Academia Galega, que a corto prazo así coma o "feismo", axiña terán que incluír .

A Eira Vella - Monte Facho

Dentro das estadísticas sobre a desgracia que azouta a esta nación sobre o fracaso escolar, teño na memoria a cifra de pouco mais de media ducia a de enxeñeiros que saíron nesta última promoción, dos cales, non sei si algún foi de Camiños Canais e Portos, e si destes últimos non saíu ningún, estamos aviados, pois cos que temos, que Deus nos colla confesados, que dito sexa de paso, non sei que pinta un proxecto de un enxeñeiro de portos a hora de plantar no peirao de Corrubedo un mazúcote de formigón, outro no de Aguiño, i en cantos asistimos coa boca aberta a presenciar polo noso territorio, destruíndo o engado dos nosos humildes pobos mariñeiros, procedendo a unhas instalacións mecánicas sen o menor coñecemento da adaptación de formas, materiais e volumes na construcción, tanto de diques como das instalacións complementarias, sexan chabolas, naves, lonxas, clubes náuticos e demais dotacións complementarias que salpican o entorno típico dos salobres pobos das rías, sen importarlles que estes perdan a súa personalidade, aldraxando a poboación, negándolles e despreciando a súa opinión. So se acordan deles, para chamalos polo megáfono —a modo de cencerro—, as votacións.

Moderno artiluxio no atracadoiro"pantalán" de Palmeira

Faláronme dun concurso do estilo do esperpéntico "Luar" cara a catalogar a popularidade ou interese duns monumentos estrafalarios onde mesturaban a importancia duns elementos cuaternarios, romanos, medievais e non recordo o outro, ¡Ah, si¡ a Torre de Hércules. Onde uns mediáticos persoeiros —producto destes modernos tempos—, defendían as calidades de uns e outros conxuntos —uns naturais, perdidos na cronoloxía neuronal, elemento so da índole capaz de concluír nas mentes de gaiosos, cadabaleiros e poiosos, ingredentes estes da farándula, que a modo de marionetas, nos están entretendo ó estilo dos arxentinos, que con futboleiros programas, nocturnas pornografías e promiscuas e desordenadas vidas, nos contaminan ata o punto de perder o norte. Servindo estes mercenarios, aos xenocidas modernos, que en vez de matar con bombas a poboación, mátanna a desgustos, sumerxíndoa en económicas e asfixiantes situacións, morrendo en por elas mesmas. Suicidandose, toleando ou pasando o descatalogado limbo dos indixentes, embargados nas coñecidas dramáticas condicións, pegados ao tetrabrik e recollidos entre plásticos periódicos e cartóns.

Dende o alto da Ferreira
Pedrecelos dende o mar

Entre as desordenadas notas, que me aparecen ciscadas chamóume á atención esta:

<<Se dice que, cuando se altera la tranquilidad de las piedras, estas se mueren y pierden su lozanía, comenzando su destrucción a modo de tierno pétalo de rosa, que se mete entre los vastos e insensibles dedos>>.

Teño entendido no meu curto camiñar, que as pedras teñen vida, e mentres a manteñen, seguen medrando. Cando son tocadas polo ferro, estas perecen e comeza a súa erosión.

Si é difícil encontrar a planta da caramiñas e non digamos a do visgo (muerdago), así tamén, non é doado atopar, e menos coñecer, aquelas pedras que palpitan, que emiten vibracións, que ó non estar acreditada esta "teoría" polos científicos, teremos que esperar como a existencia da "alma", a que eles o acrediten.

Con relación a esta singular referencia sobre a vida das pedras, aporto esta nota do Padre Sarmiento, como ingrediente adicional a esta —para min— novedosa polémica, a que non lle han de faltar escépticos.

Hermano Javier:

Recibí tu carta y la tierra, que en sí es la marga. La que me remitió Barros está en piedra y fácil a reducirse a polvo.

Celebro que se haya hallado y que la conozcas. Debes procurar que la conozcan todos, y en especial los labradores y que sepan que es un abono para 20 años, como habrás leído en Monsieur Chomel.

Bien seguro es que en donde abundare la marga habrá metales, pues entre ella nace la nux margacea o el ovum philosophicum, que es la semilla de los metales.

Tengo ese huevo, que es una avellana metálica, y se hallan muchas en el centro de, las piedra en las cantera, junto a Celanova. Haz que se tiente en Moimenta, si la piedra de ese marga es, como yo sospecho, caliza o calera. Y si lo es, teneis ahí otro tesoro para fabricar cal en esas vecindades.

Si se aburren, tamén poden ir a:

http://petroglifoscruciformes.lustabel.eu/

Así como desaparecen miles de especies animais e vexetais, así van morrendo as pedras con vida, as paisaxes con vida, os bosques con vida, os ríos con vida os camiños con vida e os bardos con vida.

O cabreo da recesión. Esta escea, está inspirada na crisis de Constantino no século IV cando mandou baixar os labregos as plazas das vilas, para censar a nenos, lisiados, vellos, regos de terra, arbores, animais e tudo canto puidese contrubuir ó sustento familiar.

O mar, envolto nas ondas dos temporais, devolve a praia os lixos fecais e de sentinas ; o ar —no seu perpetuo descorrer—, devolve o mercurio mesturado coa choiva sarabia ou neve sobre os cultivos, prados e frutais; os ríos corre lixeiros cara o mar para vomitar as flemas podres que os bípedos  vertemos polos tutos de vivendas e industrias;  E así os peixes e mariscos aparecen nas mesas de bordados manteis para que sexan comidos polos que os engordaromos.
Grazas a tolerancia desta función divina,  imos tirando. Non nos manda un meteorito coma o dos dinosauros, por que se cadra no medio de nós, hai algún xusto; pero como sigamos chuleándonos coas forzas naturais : nin xustos nin nada.  Non é de estrañar que un día nos pase o de Sodoma e Gomorra.
Estaríanos ben. Sobre todo, ós que se consideran unxidos polo paracleto como: lamas, emires, aiatolás, ditadores, monarcas e papas, Só faltaba que na outra dimensión lle deran o mesmo trato que tiveron neste glorioso reino.

Para acompañar este parrafo, non puiden conter a tentación de roubarlle á páxina do Plaza, esta romántica, emocionante e ó mesmo tempo dramática postal desta praiña, que hoxe xace enterrada debaixo do Parque García Bayón de Ribeira. Pidamos todos perdón, por estes crueis actos vandálicos, atentados contra a humilde, inxenua, emotiva, alegre e pueril beleza natural.
Agora, Parque de García Bayón

Contador gratis