Hórreos da Barbanza

Indagarei sobe os hórreos barbanzáns para intentar ofrecerlles o que poida derivarse das miñas humildes pescudas: sobre a súa orixe, aspecto constructivo e naqueles temas que nos poidan provocar algunha inquietude.

Ao parecer, o pináculo que brocha nos cumios dos hórreos —a parte de rematar elegante i esteticamente esta construcción—, din que ten a propiedade de protección, que coma unha pregaria apunta ó ceo e simboliza —segundo opinións de insignes barruntadores—, a fertilidade masculina.

Como podedes observar na foto central, existe no pinche un círculo abucinado, que eu non quixera caer na vaidosa tentación de outorgarme a teses de calificar este outro símbolo, como representación do: << burato por onde escoa toda a civilización>> (frase de Vicente Risco “O Porco de pe”)

O adorno dos pináculos, xa o podemos ver no barroco rural da igrexa de San Pedro de Muro-Porto do Son, e na neoclásica igrexa de San Paio de Carreira-Ribeira común en case todalas igrexas desta época.
Horreo en Palmeira (Pauliñas)
Por: Domingo Regueira
Continuará. Se cadra.
Cabazo Pobra

Os hórreos coma tódolos elementos fabricados polo home, foron sufrindo modificacións en función das novas tecnoloxías ou coñecementos, e a medida que ían evolucionando , os novos inventos substituían os anteriores, motivo polo que foron desaparecendo os cabaceiros de corres e madeiras entrelazadas, e en moitos casos, os formados por pequenas pedras a modo de mampostería en ringleiras de pedras secas.

Outros modelos na Pobra

Hórreo en Iroite - a Graña (Boiro) de basta factura e dubidosa data posto que inspira —como a construcción das antigas vivendas da aldea —, un ar megalítico o modo das chantas que compoñen as cámaras das mámoas que forman a necrópoles do lugar.

Arca da Barbanza
Habitáculo pétreo nunha casa en Noceda-Iroite

A proliferación dos hórreos de pedra —dado o estilo que moitos amosan—, coincide coa descarga dos tesouros, que os navíos que viñan de América dixaban nas nosas costas.

Este estilo é o barroco, que empeza a facer aparición nos horreos do iglesiario e nos das familias que tiñan curas pola casa
A decoración dos pináculos corresponde ó estilo neoclásico rural. Un estilo funcional, práctico, sobrio i esteticamente moi aceptable.
A influencia da iglesia fixo que os pináculos pagáns se foran transmutando en cruces cristiáns
Noutros casos accións iconoclastas, arremetían contra os símbolos cristiás
Presento este exemplar de terras bergantiñas, pola sensación que me produxo a presencia repentina deste modelo, cando ía de aquí para Camariñas, ó percibir o cambio de estilo na construcción dos horreos, sobre todo, na conocidade dos pes. Formas estas que inspiran tempos de mentalidaes suevas de visigóticas arquitecturas.
Poden ir a Petroglifos Cruciformes
Disculpen as molestias: Domingo Regueira

Miniatua das Cántigas de Santa María de Alfonso X o Sabio do século XIII

Intentei dar con este dibuxo, e na encontro por ningún lado. Mirei na biblioteca de Florencia, que ó parecer é onde esta o orixinal e na encontrei; faltame ver a do Escorial que ten unha copia. Ó parecer atópase na páxina 187 b . Pois gustariame poñerlla en cor.

Se alguén dese con ela, agradecería que ma enviase:

reguerola@terra.es

Outros contan que o millo actual entrou na comarca do Salnés no 1630

Coido que (os garantes da cultura galega (funcionarios)) deberían facer algo para aclarar este barullo )

Pero si non o fan, o mesmo da. Total para...

Hórreo no lugar da Mámoa - Ribeira
Plataforma de muiño de vento no lugar da Mámoa - Ribeira
Hórreo no centro da Pobra do Caramiñal

 

¡Por fin!

Aqui lles presento a imaxe quitada do orixinal, gracias a xentileza de José Luis del Valle Merino (descoñezo o seu cargo) na Biblioteca de San Lorenzo do Escorial.

 

Enviamos la reproducción que nos piden, tomada del facsímil. Se encuentra
en la Cantiga CLXXXVI del códice T-I-1.
Atentamente,
José Luis del Valle Merino

Como se pode observar, as espigas que asoman pola porta destes hórreos medievais, non se diferencian das actuais.

Este, e outros motivos, fan dudar da veracidade da historia que nos contaron, como a da cuna de Colón e da gloriosa conquista ou cristianización de America.

Horreo no Vilar - Casalnovo - Ribeira. Tamén foi muiño de vento, ainda que xa non quedan vestixios.


Contador web