na procura das fronteiras dos primeiros colonos barbanzáns
Fito no lugar da Graña - Carreira

Dende os tempos mais lonxanos, aló polos estadios da imaxinación de datas indefinidas, cando os humanos camiñaban pola terra virxe en busca de sosego e sustento; marcaban o territorio onde se instalaban, como sinal fronteiriza para que outros non lles invadiran o espacio de terra, que eles, como clan ou tribo, descubriran e naturalmente, consideraban da súa propiedade.

Pedras destacadas preto de Couso zona de A Graña
Para limitar este espacio ou treba, os nosos primixenios erixían vastos esteos para que dende lexos os inmigrantes ou novos exploradores, detectasen os límites da parcela ocupada, á cal, non debían traspasar sen o debido consentimento dos primeiros colonos.
O moxóns primitivo do Castro da Cidá, descansa sobre unhas sospeitosas pequenas pedras.

As dúas balizas no monte de San alberte, son a mesma.

Sinal primitiva, e sinal derribada pola barbarie inocente e ignorante

Monte de San Alberte

A maneira primitiva de balizar o territorio, era poñendo grades sinais que coa súa artificialidade, denotasen a intervención da man do home. Xa fosen con ramas ou troncos de madeira, e sobre todo, cando aparecian nos outeiros grandes pedras montadas sobre outras, que as fixesen destacar.

Sobre este tema, probablemente non chegasen a ler nada; e si así fora: prégolles desculpas.

Investigando sobre o sistema primitivo que os nosos remotos ancestros, usaban na demarcación dos seus eidos; cheguei a crear esta teoría, que para o meu entender, obedece a unha condición lóxica e humana do sentimento instintivo de propiedade.

O longo da historia sempre se marcaron fronteiras, rexións, provincias, condados, municipios, cidades, vilas, veigas, castros e montes comunais.

Agora tamén se marcan os espacios aéreos, litorais, marisqueiros i espacios metafísicos da “costa” como son as (ZMT). Espantallo este último, de entidade descontrolada para os “comúns”, que como unha alma en pena, un día aparece nun lado e outro noutro, como si estíbese manexada por forzas do mais aló. enfermidades crónicas deste podre e perverso sistema .

Arrefriando a ola, retornamos ó tema das indagacións sobre os lindeiros para intentar xustificar esta teses sobre o sistema de marcado, que os nosos primixenios oestrimnios utilizaban para delimitar as súas terras.

Si nos esteos, postes ou marcos que na actualidade aínda soen colocar para a división de fincas na zona rural, colocan no fondo da cova onde van a espichar o marco, dúas pedras como testemuña para darlles autenticidade.

Para elo, aí teñen esta pequena serie de instantáneas recollidas pola nosa touta, a fin de dar consistencia a esta nova e tenra hipóteses.

Os antepasados barbanzáns facían destacar algúns destes fitos facéndoos resaltar como prominencias na paisaxe de maneira que facilmente fosen detectados polos visitantes i en raras ocasións, ainda atopamos algunhas destas sinais (grades bloques) sustentados sobre pequenos apoios pétreos.
Continuará...
Ir a página principal
Quizais estas marcas, obedezan tamén a unha demarcación mais recente, onde se anunciaban os clans que compoñían a comunidade
Serra de San Alberte
Pedra da Moura - Xobre - Pobra do Caramiñal
Atalaia - Ribeira
As Rañadas - Carreira

Contador web