arqueoloxía fotográfica

D. E. P.

Probablemente no neolítico, a visión satélite da Barbanza, non deferiría moito de esta aérea, tratada dixitalmente po lo artista Toño Fernández.

Inicio esta nova páxina, para intentar concienciar ós que non estean iniciados nesta materia, tanto pola súa idade, como polo feito de ser novos neste territorio, poñéndolles ao descuberto, ó modo de arqueoloxía fotográfica. A paisaxe sacrificada en pro do progreso, que segundo algúns, estamos a disfrutar.

Esta improvisada páxina ten por obxectivo, dar a coñecer as paisaxes perdidas; as paisaxes enterradas; as paisaxes estragadas e as paisaxes esquencidas.

Quizais non houbera outra maneira de catapultarse ó progreso sen sacrificar estes ridentes paisaxes, ao modo do que ten que matar ó carneiro, porco ou galo que permaneceu vivindo entre a familia un tempo. Con esta desculpa, poida que consigamos tamén, xustificar a inhumación de tanta beleza e riqueza.

Releve da Barbanza
RIBEIRA
Aguiño
Corrubedo
POBRA DO CARAMIÑAL
PORTO DO SON
Artes
Oleiros
Castiñeiras
Carreira
Palmeira
Olveira
BOIRO
RIANXO
NOIA
LOUSAME
Arriba: Débalo na Arrochela-Palmeira.
A baixo: Enterramento. Sen palabras.
Primitivo recordo fotográfico onde a área da Praia dos Botes chegaba as casas
Primeiro plano da foto anterior, coas casas do medio de fondo
Este pequeno recheo é do 1937, según ninformación de quen tivo que traballar nel
Este outro, é o penúltimo, antes do recheo da Praia de Cruces
É complicado entender si esto, é mellor que o de antes; pero si as transformacións dos espacios se fixeran con máis xeito, quizais a perda non se lamentara tanto. Pois non é o mesmo aplicar a eutanasia, que facelo con sufremento físico. Se estas paredes funcionales se lles dera un pouco de movemento con uns salentes, unhas escaleiras ou rampas, intentando que a esplanada se integrase no entorno, probablemente a traxedia non tivese estas dimensións.
Abaixo: Evolución sufrida dende a primeira cámara fotográfica que chegou a Palmeira
Continuará...

Ir a: Página principal

Probable castelo no porto de Palmeira en tempos de Fonseca II
Naturalmente, que de non haber avolución, todo se mantería igual, o Castelo, os señores feudais, os vasalos e os escravos.
Ampliación atracadoiro de Palmeira

Como podedes observar, ocupa máis o artefacto, que a capacidade de amarre das embarcacións. Dito artefacto —collede a data da instalación haber o que dura— xa non distinguimos si é fermoso ou aberrante. Co hábito, costume, ou afeitos a ver pinturas abstractas horrorosas, edificios horrorosos i esculturas horrorosas; xa non sabemos distinguir entre o peixe fresco e conxelado; unha ostra podre de unha san e un viño sacramentado, que che vai a rebentar a hernia de hiato.

Último recheo de ampliación de acceso ó Muelle Vello de Palmeira con absurda sinalación .
Antes das últimas alteracións

De momento, acabamos con Palmeira

En Palmeira oubo quen chorou pola desaparición da Pedriña da Argolla. En Aguiño, oín os calados lamentos pola morte do Vicanso.
Cambios en Ribeira en menos de cen anos

A falta de previsión ou control demográfico por parte dos dirixentes, lévannos a cometer este barullo constructivo: desarmonizado, desproporcionado, afeado, desparramado e apatanado.

Nin reparan nos habitantes, nin tampouco nos vehículos. Seguen sen saber os coches que se precisan por casa e o espacio que se necesita para o seu estacionamento.

Trazan rúas estreitas, sen reparar no inexorable futuro que cabalga nos anos, sen crear espacios libres, como: prazas, parques, residencias, auditorios en condicións, xardíns, depuradoras i heliportos, sen prever o futuro de parroquias i aldeas reservando espacios dotacionais que garanticen a futura necesidade das parroquias ou aldeas

Os comités de sabios que auguren o futuro, son ignorados. A prepotencia dos modernos gobernantes, séntense sobrados para decidir en por eles o futuro das súas vilas, sen consultar o metafísico consello dos deuses a través dos lexítimos oráculos. ¡Xa ves filliño: Son designios do Señor!

As casas da Arrochela, espellábanse no mar, agora miranse no piche e nun horroroso pretil de cemento. Claro que gañamos un parque para nenos, unha cancha de balón cesto, un cacho de autopista e un mazacote de formigón.
Bandorrio-Ribeira. Hoxe Parque de Pedra Pateira e Praza dos Mariñeiros ocupada por bodrios de adefesica arquitectura, sobre todo oficiais.
Exemplo de mal gusto no emprego do formigón
Nostalgia ribeirense
Serán os coches co tempo, unha praga mais funesta que a da langosta na agricultura
Recheos permanentes de Ribeira
Palmeira nos anos cincuenta, cedida por Tuco desde USA
O Cajarrón permanece barado tocado da ala. Os barriles inchando para almacenar o viño, que ainda que non moi bo, era auténtico. O María Rial pendente de descargar a mercancía que traía de Vilagarcia
Por exemplo. Se os enxeñeiros tivesen un nadiña de vergonza

Na contemplación desta paisaxe litora urbanal, apreciase como un halo místico de sacralizade e pureza espiritual, natural, pura, auténtica, nobre e descontaminada de unha sociedade de fai catro días, onde en pouco tempo, pasou a un grado de corrupción ambiental, cultural, institucional i empresarial, que nos deixa os que temos certa idade: perplexos, defraudados, desencantados, frustrados, confusos e traumatizados por non coñecer as causas que nos trasladaron a esta vasta e lamentable situación estética, onde a destrucción non foi so da transformación paisaxística senón tamén, espiritual, pola que non se fixo ningún ritual a deusa dos desastres paisaxísticos, urbanísticos e arquitectónicos a fin de indultarnos pola nosa ignorancia, escasa formación de técnicos, mediocres políticos e semitas administracións.

Aínda hoxe é o día, que "Costas" e "Portos", seguen aloxados nunha especie de catacumbas ó estilo masón, ou ente, semellante ó "chupa cabras" dos episodios de Cuarto Milenio que ninguén chegou a ver. Esta loxia independente, que nin Goberno Central nin Xunta de Galicia ó parecer, é capaz de domar a súa obstinada acción esquizofrenica maniaco depresiva, onde os veciños do litoral, ó borde tamén do trastorno bipolar, están a sufrir o acoso desta enerxía negativa, que como a Santa Compaña, fustiga, asusta é oprime, os habitantes da mallante, recolectores de crebasos, peixes e mariscos que dende a prehistoria viven pegados o argazo papando nécoras, ameixas, ververechos, ostras e mexillóns, como os seus antepasados remotos: Os oestrimnios.

Praia do Castro - Areeiros
Castiñeiras co a inxeniosa fachada marítima. A de agora, moderna, non mellorou nada. Outra estupidez.

Agora, coma os xudeus aos palestinos, o tenebroso ente metafísico de Costas, pídelle credenciais —o vecindario aborigen, prosapias ascendentes do Castro de Neixón, Punta Ostreira, Castelo de Palmeira e Castro de Castiñeiras— que xustifiquen o seu orixe, raza e nacionalidade, pois coas contribucións, impostos e sobres para votar, non lles é suficiente para recoñecer a os nativos que levan na terra mais do que os extraterrestres levan instalados nas ignotas criptas vulgarmente coñecidas polos funesto nome de: “Costas” ou "Portos" . Organismos fáticos pendientes de democratizar, ainda que a culpa non a teñen os gerifaltes de tales chiringuitos, senón os gobernos que tal consinten elexidos teoricamente pola "soberanía popular" que agora sufre a presión, abuso, amenazas, e prepotencia dos indolentes mulos que incomprensiblemente, lle quitan o sono os coitados ribeireños da FRANXA DO LITORAL.

Pouca vergonza.

Non quero poñer a man no fogo por ninguén. Esquerdas e dereitas, son conceptos enganosos para encasillar a uns, co cartel de malos e ruíns e outros, de nobres e honrados, según con que ollos se miren.

A Chaves, o de Venezuela, tíldanno de tolo, revolucionario e trastornado, pola súa acción rocambolesca de presentarse ó mundo, como un show-man faranduleiro de pouca seriedade e personalidade, para ocupar o cargo institucional que representa.

Cando analizamos a idiosincrasia da poboación Venezolana, recórdanos o programa televisivo peruano de unha tal Laura, onde mostra a trivial conducta de un pobo atrasado, anticuado e atrofiado por unha mala formación cultural, educacional e humana.

Eu aínda que viaxo pouco, teño a oportunidade de observar o territorio venezolano a través de Google Earth, e quedo pasmado o contemplar o enxame chaboleiro ou faveleiro que invade angustiosamente a capital.

Quitar a esta poboación desta paupérrima situación, conleva unha labor titánica que non se arranxa nun lustro, nunha década nin nun século.

Son males arrastrados desde a colonización, baixo rexímenes feudais a antiga usanza española, onde as clases inferiores, habías que controlar e manter a raia para que non despuntase do humbral fixado nos zócalos da pirámide marcada polos poderes establecidos. Os de abaixo, os do medio e mais eles. Os máis fortes e valerosos guerreiros, que despois de gañar mil batallas, considéranse merecedores do honor de sentarse apiñados ó redor do trono instalado nos cumios da pirámide, próximos, como lles corresponde, o triangular ollo de Deus.

Agora algúns personaxes, sen librar ningunha batalla; sen pegar puñetero golpe de martelo —aínda que si, de outros... —, sen méritos recoñecidos nin currículo que xustifique as súas virtuosas condicións. Como é posible encontralos gabeando o pódium dos elixidos e atopalos paseando polas torres do homenaxe como calquera Viriato, Don Rodrigo, Carlomagno, Roldán ou Oliveiros, ataviados coa uniformidade destes grandes guerreiros, condecoracións e demais emblemas, que pouco máis valor deberían ter, que as medallas do salchichón.

Mentres na dereita se levantan torres de ostentosa factura, a sarna segue medrando sen control nin piedade dos poderosos, infectando o "Cerro", —perímetro da capital venezolana—, que denota miseria económica, intelectual e consecuentemente hixiénica, sanitaria e racional.

Por eso cando escoitamos ó show-man Hugo Chaves, coa parafernalia habitual, non caemos na conta de a quén vai dirixido o contido do seu discurso, cando a maioría da audiencia, está debaixo deste remendón collage elaborado con resíduos procedentes dos desperdicios da construcción urbana clasista, humanista, despiadada e moderna.

Fabelas do Brasil

Observando este enxambre, cabe pensar que nesta singular urbanización, deben darse unhas singulares circunstancias de convivencia, familiaridade, vecindade e administrativas; pois coido que aplicarlle unha contribución, recollida de basuras, auga, alcantarillado ou facturarlle a electricidade, debe ser a parte de complicado, humanamente, unha flagrante inmoralidade.

Probablemente estean todos censados, ainda que na mentalidade occidental, parecenos moi complicado o control destes singulares laverínticos vecindarios.

Nos tempos que corren, quen lle dera a moitos vivir nunha destas favelas, igñorado polos bancos, os xulgados, os proveedores, cobradores do frac, fenosas, telefónicas, recaudadores municipais e demais domiciliacións de suscripcións e asociacións.

Non cabe dubida que a vida nestes barrios ten os seus pros e os seus contras. O que soportan en incomodidades, talvez se lles compense co anonimato fiscal e financeiro. Liberados da disciplina do traballo cronometrado, monótono i escravizante, poida que a vantaxe de vivir en cuadriculados pisos con cargas mensuais de comunidades, contribucións, impostos municipais e os eternos recibos hipotecarios, letras de coches, mobles e electrodomésticos.

E curiosa a alegría dos xitanos, que nas paupérrimas condicións nas que viven teñan ese humor festeiro, bailarín e cantareiro.

Parece que todo e cuestión de adaptación o medio; pois unha familia da clase alta ou media acostumada ó confort, capitalista, non duraría unha semana nestas emponzoñantes infectas chabolas.

Dirán moitos que se me vai a ola, ó pasar da paisaxe galega a sudamericana.

A vedade é, que un, estalle dando volta a cabeza para intentar razoar o porqué deste violento contraste entre a obscena opulencia dos lobbys, monarcas, emires, sultáns e talibáns, coa poboación colgante, que como as termitas, movese entre as ratas polo labiríntico panel humano, comparado á obra dun castor ou paxaro que constrúe o niño con elementos naturais, contribuíndo o mantemento do ecosistema. Construcción ecolóxica, fabricando con elementos naturais ou de desfeito, as súas chousas ou habitáculos.

Illa da Palmeira en Kuwait

Sigo intentando dicir, que moitas destas lamentables situacións, podían ser melloradas si na conciencia dos comúns cidadáns, brillase a luz da decencia, honestidade ou intelixencia. Digo a conciencia dos comúns, por que os outros, nunca se apearán da súa posición de privilexio a menos que a plebe lles plante cara e os corra coma os irmandiños a pedradas dos seus obscenos paraísos.

¿Cantas desesperadas situacións se solucionarían restándolle un pouco de suntuosidade os edificios públicos, espacios públicos e mobiliario público, sen que esto lle restase sobriedade i engado os mesmos?, controlando así os super-luxos das empresas monopolio, que soben as tarifas e dan un lamentable servicio en voos, electricidade, correos, telefonía ou transporte ferroviario.

Unha das salas da biblioteca do Vaticano

O mal non ven de agora. Na antigüidade católica, xa tiñan claro o que perseguían; estafar con falsos mensaxes e imposición de obediencia os cordeiros, para satisfacer as súas desordenadas e felonas soberbias sen o mínimo decoro nin mesura cara o rabaño cristián, que, coma ovellas gardadas por cans, sofren o sometemento. Na actualidade novos trust, están copiando as mesmas artes, exprimindo, escravizando i explotando vilmente á humanidade en pro de unha vanidade e competencial usura, diarrericamente e patoloxicamente descomposta, fedenta e parda.


Contador gratis