CONCELLO DE BOIRO

A abundancia de gravados cruciformes no concello de Boiro, invita a seguir os sendeiros a carón dos ríos, ata perderse no misterioso enigma das súas pedras riscadas.

Dende o megalitismo hasta a época contemporánea, os habitantes da Barbanza non deixaron de estar pegado a súa propiedade, marcando o seu territorio dominio ou pertenzas.

Este e un pequeno exemplo da enorme riqueza cruciforme boirense. O que están vendo é o resultado dunha pequena visita que fixen por este río. Xa poden imaxinarse o que esta terra pode dar de si. ¡Animo!

Conxunto río Coroño
Conxunto río Coroño
NOCEDA
Casota do Paramo

Mámoa con estrutura dolménica onde en unha das súas chantas atópase esta gravura que representa unha especie custodia con un orante debaixo, posterior esta, ó orixe da anta megalítica; pois a figura conserva a verticalidade, cando a chanta que a contén esta inclinada cara o norte.

Este símbolo, atopámolo nos muíños de Brazos, Goiáns e tamén en Pumadiño, parroquia de Postmarcos na Pobra do Caramiñal . ¿Que interpretación ten para vostedes esta repetición? ¿Sería o mesmo construtor de muíños?

Esta é unha das GRANDES ATROCIDADES, símbolo da falta de sensibilidade en canto o respecto e cariño polo noso pasado máis remoto. Si pretenden atopar esta Pedra da Bullosa, seguro que non darán con ela; pois foi abatida quizais por intereses, sen que ninguén se inmutara. Os líquenes que a protexeron durante miles de anos, teñen máis mérito, que os rexedores que pasaron por este concello.

Desculpen esta expresión. Xa saben con que intención a fago.Xa vai sendo hora de que se mire por ela, e se poña no lugar que lle corresponde. Desculpen a calidade da foto. Esta pedra debería formar parte dos motivos emblemáticos deste concello.
Porta muiño Brazos
Muiño de Brazos
No bar, O Muiño
Esta outra atópase en terras irlandesas, moi parecida a anterior