Protexamos as pedras

(Provisional)

Quen me dera, ter a inspiración suficiente, para que cantas persoas lean estas paupérimas notas, se puideran contaxiar da paixón que un sente, polos penedos, rochedos, eiteiros, ou laxes, que brochan polo noso territorio galego i especialmente, barbanzán.

O motivo desta preocupación, é, que estas —as poucas pedras que quedan—, non sigan caendo coa mesma permisibilidade, que hasta agora se veñen facendo.

Estas esculturas que a natureza nos labrou o longo de miles de anos, deberiámolas estimar, tanto pola súa estética, como pola gran labor que estes conxuntos desempeñaron o longo dos milenios, dando cobixo e protección os primixenios grupos humanos, que aproveitaban os seus ocos para cobixarse. As súas alturas como observatorios, ou altares para sacrificios, e en moitos casos, como marcas para navegantes.

Estas pedras, aínda que agora a penas se lle recoñece ningunha destas cualidades, non deben desestimarse pola súa inoperancia nestes tempos, pois si os dolmens, castros ou miliarios están protexidos como elementos históricos ou prehistóricos; estes colosos pétreos tamén deberían contar coa mesma protección, pois eles son mais antigos e naturais que os primeiros. Sabemos que están protexidos; pero non na proporción que merecen; posto que a miúdo vemos como desaparecen moitos deles por falla de sensibilidade das persoas que os fan desaparecer, e mais, por quen o tiñan que impedir.

Cando vemos unha pedra natural, que destaca nunha aldea, nunha eira, ou o lado dunha casa, danos a sensación que estas familias ou veciños, están protexidos por este elemento, dando a impresión de que estes, forma parte da veciñanza o igual que o tótem, que proxecta enerxía e fai compaña o colectivo que compoñen o clan.

E de feito soe ocorrer, que moitas destas familias levan o apodo destas pedras: os da Pedriña, os da Laxe, os do Outeiro, os da Pedra da Aiga, os do Peñón, os da Pedra redonda etc.
Por elo, e mais polo que a súa presenza representa deberíamos protexer a cantas pedras surten polos nos paisaxes, evitando que ninguén as agreda e deteriore as súas formas pulidas e contornadas pola acción da sublime mestra natureza.
Pedra das Rañadas - Carreira
Pedra da Aiga - Palmeira
Imaxinade que desaparecese esta pedra
Ou esta; que curiosamente ven a ser a mesma que a anterior, vista por atrás .
Zona do Outeiro dos Corvos, cerca do castro inécdito do Outeiro Murado
Atalaia - Ribeira
Revés da Pedra da Aiga en Palmeira
Revés atalaia - Ribeira
Casal Novo - Vilar - Ribeira
Couso - Aguiño - Ribeira
Candexás - Castiñeiras - Ribeira
O feito que os seus contornos aparezan redondeados, producen a vista unha agradable sensación de ritmo, armonía o modo das voluptuosas formas barrocas rubenianas dándolle esa dulzura a paisaxe, e, consecuentemente faise suave a vista e impiden que o vento soe nos seus romos cantos, evitándonos molestias nos oidos; pois pra iso xa están as megafonías dos coches, vespinos e ó barullo idiotizante dos bares.
Este e un exemplo da barbarie, e o agresivo que se fai á vista, os violentos cortes deste outeiro, probablemente, primitivo altar antes de que se levantara a ermida de San Alberte
Continuará. E si poden, manden algunha foto das que coñezan no seu entorno.
San Alverte - Ribeira
Probablemente fose no seu día, unha Pedra de Sacrificios; Pois para subir a ela, ten unhas pegadas labradas na mesma rocha.
Igrexa dos Mouros - Palmeira
Mula de Cabío - Maño - Pobra
Luminaria no Carballal en Deán - Ribeira

San Martiño Dumiense, quen en torno ó ano 550 chegua a Gallaecia coa intención de reformar a igrexa local, e de converterla ó catolicismo á monarquía sueva (DíAZ 2000). Nomeado no ano 561 bispo de Dumio acodirá ó Concilio do ano 572 como metropolitano de Bracara , e será ahí onde arremeta contra as costumes galaicas de iluminar os cruces dos camiños dicindo: Nam ad petras et ad arbores et ad fontes et per trivia cereolos incendere, quid est aliud nisi cultura diabolici ?

Probablemente esta lumieira, fose unha das que o bispo de Dumio, prohibiu utilizar nos cruces dos camiños, dicindo que estas practicas pagáns, eran elementos de unha cultura diabólica, o igual que todos aqueles lugares, onde os primitivos lles rendían culto, como eran as fontes, as pedras, as arbores e outras hierofanías, elementos onde eles intuían a presencia de entes sagrados, envoltos nesta especie de enerxías cósmicas.

Contáronme, que nas noites do verán, en tempos prefenosos, os veciños de esta aldea xuntábanse ó redor desta lumieira, para falar das súas cousas. O combustible que consumían, era resina dos piñeiros que poñian na cazoleta.


Contador gratis