Santa Cruz de Lesón

A dicir verdade, cando descubrín esta pedra ¿Pedra Leirada? con sesenta e tantas cruces, ía en procura dun lugar encantado, onde se aparecía una mora co seu tenderete, no cal exhibía un surtido de alfaias que ofrecía os que por alí pasaban, coa mesma retrónica de cantas mouras aparecían por todas las inmediacións castrexas de Galicia —¿Que che gusta máis, a tenda ou a tendeira? En torno a estas penas, cóntanse diversas historias de encantamentos, onde o día de San Xoán saían galliñas con pitos de ouro ó sol, ou con un colar de moedas que a moura lle regalou a un mozo da Tomada, que por non gardar o segredo se lle converteu en una serpente. Tamén se coñecía o señor que rompeu o encanto deste lugar, e que en este desencanto, a mora se converteu nunha serpente e foi polo río abaixo ata o "Mar dos Callados".

A clave para facerse con tódalas xoias expostas, era contestarlle, que, o que máis lle gustaba, era ela . A tendeira.

 

Símbolos de A Tomada
Símbolos de A Tomada

Despois de publicarse este achádeo, foron moitas a persoas que pasaron por alí a contemplar o enigma, que como tantos, fai remexer os miolos de cantos os presencian, pola súa rareza, pola súa disposición e contido das distintas formas, e pola ubicación separada da aldea máis próxima e pegada esta pedra, a un regato. ¿Qué rituais se celebrarían aquí, que deron orixe á gravación de tantos sinos?.

Pedra das Sete Cruces. En el entorno de Pedra Leirada
Símbolos de A Tomada
Símbolos de A Tomada
Símbolos de A Tomada
Símbolos de A Tomada
Símbolos de A Tomada
Símbolos de A Tomada

Este gravado atópase nun penedo “arriñonado” a cen metros aproximadamente das anteriores, e creo que é a esta, a que chaman —talvez por error—Pedra Leirada.

Cruciformes de de A Tomada
Símbolos de A Tomada
Marcas na Misarela
Sete Cruces nun eiteiro de San Mamede
Entrerios