Pobra do Caramiñal
Posmarcos
Lesón
Castelo
Caramiñal
Xobre

A Pobra como o resto dos municipios barbanzáns, está sembrada de vastos vestixios que xacen dispersos polo territorio, en espera dunha rigorosa catalogación. E mentres isto non ocorra, a voráxine do progreso sen orden, vai removendo a golpe de barreno e rillantes escavadoras, os leitos onde dorme a lonxana historia dos nosos antepasados, sumíndonos cada vez máis, en un rum rum de dudas, cando queremos interesarnos, como se as apañaban os nosos remotos ancestros para subsistir con aqueles supostos rudimentarios medios.

Abaixo teñen un claro exemplo do deterioro que está sufrindo o patrimonio pobrense —que non é distinto ó resto da comarca.

Isto es unha toma en tres tempos, para que comproben como están desaparecendo os vestixios da nosa cultura, nunha era que se di, de progreso. Un muíño nun fermoso paraxe de Pumadiño cargado de símbolos herméticos en fase de extinción ou como a queiran calificar. Toda esta desfeita ocorreu nun período de dez anos.

Mula de Cabío - Xobre