AGUIÑO
CARREIRA
ARTES
OLVEIRA
CORRUBEDO
OLEIROS
PALMEIRA
Sta. UXIA
CASTIÑEIRAS
Polo vieiro dos cruciformes

Dende os tempos mais remotos, o home tivo a necesidade de crear fantasía para facer máis grata a súa existencia na vida. Na antigüidade non soñaban con coches nin roupa de marca, pero a ilusión non lles faltaba, pois talvez os seus soños consistían en poder correr coma os cabalos, e voar coma os paxaros. De aí que para materializar estes desexos, era preciso comezar por un bocexo que fora dándolle forza na súa mente aportando, inquietude, ilusión, i entusiasmo para rematar con unha sensación nova, que era a de bater co ar, ó correr por un areal a lombos dun cabalo. Vaiche boa.

Logo, viñeron outras culturas que nos inculcou o soñar coa morte, e na súa labor cristianizadora, foron deixando a terra sementada de cruceiros para que non o esquecéramos, como si a morte fora algo novo, raro, e para preocuparnos. Este invento de meter medo con unha causa tan natural, foi de tal contundencia, que chegaron a pragar o territorio desta iconografía, rebentando con canto símbolo pagán, atoparon o seu paso.

.

O Rei Riz. Petroglifo en Deán - Ribeira
Cruceiro de Moldes
Fuste. Cruceiro de Moldes
Curiosa inscripción nunha laxe no Monte da Cidá
CONCELLO DE RIBEIRA