Pía do Frade. Por: Domingo Regueira.

Esta pedra desaparecida, estaba cerca do Dolmen de Axeitos, ata que un fatídico día a fenderon, para utilizala na construción de unha casa. E aínda que pareza mentira, na actualidade, estes restos seguen desaparecendo, quizais a un ritmo máis acelerado, debido a febre urbanizante ou idiotizante.

OLEIROS

Estela, aínda sen publicar, nun lugar de Oleiros

Oleiros. En un muro calquera colocada o revés
Cruces no dolmen de Axeitos. Elementos de cristianización

Para os que sexan un pouco observadores vemos como primeiro foron os romanos que no seu afán gamberro de colonización e pillaxe cabalgaron polas nosas terras en procura de canto obxecto aurífero lles saltara a vista, rebentando portas, mallando nos aborixenes e sementando o terror ao modo que Bus o está a facer en Irak. Despois, detrás deles, aparecen outros invasores, que co pretexto de salvarlles a alma os habitantes destas terras, foron marcando o territorio con símbolos, que aínda hoxe, perduran como patrimonio deles. Campiñas, devesas, montes e labregos, pasaron a ser da súa propiedade que como escravos, estiveron case dous mil anos sen levantar cabeza sachando para eles. Pois; ¿De onde lles veu tanta riqueza?

«A verdade vos fará libres», dixo Xesús, según Jn 8,32

E o falar demáis, nos condenará. D.R.