PALMEIRA
Cruceiro de Moldes. Detalle
Cruceiro de Moldes primitivo policromado
Cruceiro de Moldes actual
Cruz no fuste
Cruz de Moldes
Cruz en Moldes
Símbolos cruciformes nos muiños das das Saiñas
Pedra da Ra (Mourelos)
Marcas, P.da Ra
Grabados Pedra da Ra.

A xulgar polos símbolos que aparecen no fuste deste cruceiro, podemos deducir que nesta encrucillada, debeu haber unha remota tradición de gravar no "mol" –petouto que houbo neste lugar–, unha cruz por cada ritual celebrado en honor os seus mortos, deuses ou desexos, vindo probablemente dita costume de tradición pagán, que foron continuadas despois dos acordos do concilio de Toledo, onde se arremeteu en contra de canto vestixio xentil ou motivo de adoración primitiva, se atopase o longo do territorio. Costume esta de gravar cruces que debeu ter continuidade probablemente a escondidas neste fuste do cruceiro, ó modo das cruces que aparecen noutros outeiros como apreciamos en lugares próximos a este. (Pedra Leirada)

Cruz río Esteirón na Corna en Palmeira
Este siño apareceu nunha parede medianil cando derrubaron a casa de tía Emilia na calle de "Rompetelalma". O descobremento foi notificado o concello de Ribeira, pero por un despiste, apatía, deixadez, idiotez ou desfachatez, a pedra gravada non se recuperou e agora permañecera emparedada outros tantos séculos máis.
Cruz dos Sereiros
Muiño Pedra das Cabras
Tamén poden ir a: Santuarios Primitivos