O Coto de Deán que abarcaba dende o río de Coroso, ata os lombos da Mámoa, estaba acotado no seu perímetro por un rosario de moxóns, sinalando os principais —que viñan a ser rochas naturais—, con cruces; destacando entre ditos moxóns un deles, que tiña unhas ondas, tal como figura nun plano depositado no Arquivo do Reino de Galicia , na Coruña, que si non foi esnaquizada esta pedra, polos grilos dos canteiros, talvez aínda fique alí en Perasquita (Parque Periurbán)

O amoxoamento estaba constituído por 14 referencias, que subían dende este río de Coroso chamado tamén Río do Cabo, ou como apunta o Padre Sarmiento <<Punta de Portosiños que divide Palmeira de Santa Eugenia>> onde desaugan os Ríos Basamorcas, Río da Lagoa e Río da Becerra

Dende este areal de Coroso, a divisoria subía ata a Fonte de Mámoa Longa próxima a San Alberte, por debaixo dos <<sepulcros y mámoas>> que tanto chamaron a atención do flaire en cuestión, sobre todo pola cantidade que había visto en Campo de Minas nas inmediacións da capela de San Alberte.

Ë unha pena, que podendo ter un parque arqueolóxico no cumio do monte da Cidá, permanezamos, estáticos, apáticos e indiferentes, a evaporación das textimuñas prehistóricas deixadas polas remotas civilizacións que aquí se asentaron, i en troques, permítese que no Parque Periurbán se fagan réplicas de elementos remotos de dudosa legalidade, xa que estas reproducións construtivas e falsos gravados, poden confundir a realidade desta área, en futuros estudios arqueolóxicos

Ventana cega de San Alberto
Cruz nas inmediacións da capela de San Alberte
Boceto das abandonadas mámoas de San Alberte

Si o Padre Sarmiento, volvese hoxe a facer o camiño que fixo no 1754, levaría un gran desgusto ó ver con que desidia se trata a maioría destes vestixios que tanto pracer darían a propios e visitantes de atoparse nun estado digno en canto a súa conservación ou protección.

Mámoas en Corea e mámoa en Parrugas - Palmeira
SANTA UXÍA
Cruces nos lombos de S. Alberte a Moldes