Santuarios Primitivos III

E un pouco enigmático o atoparnos con "sete" gravacións cruciformes en algúns lugares do entorno barbanzán. Da a impresión de ser un número máxico que en certos tempos tubo un gran protagonismo na relixión cristiá; pois foi no sétimo día cando deus descansou. Son tantas as coincidencias co numero sete que seria moi longa esta relación, véxanse os sacramentos da igrexa, as virtudes teologais, as parellas que Noé meteu na Arca, as sete pragas de Exipto. Sete anos de vacas floxas e sete de fracas...

Di Cayo Julio Cesar, no COMENTARIO SOBRE LA GUERRA DE LAS GALIAS, que por aqueles tempos había dous “estados” de persoas. Druídas e cabaleiros. Despois estaban os plebeos que eran mirados como escravos, que en por si, nada podían emprender, e os mais, sometidos a tiranía dos tributos que os nobres lles impoñían. Os druídas atendían o culto divino e interpretaban os misterios da relixión. Eles fan de xuíces en tódolos aspectos da vida e gozan de un gran respecto, impoñendo severos castigos aos que non se rendían as súas sentencias sendo excomungados e desterrados, supoñendo esta pena, o rexeitamento de toda a sociedade inculcándolle o medo a contaminarse reuindo a xente polo tanto de encontrarse con eles.

Pedra antes de chegar a San Amedio subindo a Curota

Outra das artimañas que os druídas tiñan, era o persuadir da <<inmortalidade das almas e a transmigración duns corpos a outros>> desviando desta maneira o temor a morte para que os soldados obedeceran cegamente as ordes, e se lanzaran con mais valor a batalla. Inocentes que na actualidade se inmolan baixo a instrucción dos seus mestres espirituais, seguen a ser utilizados coas mesmas practicas de mentalización. Método sinxelo e coñecido por tódalas asociacións, institucións, agrupacións, congregacións ou sectas onde unha vez recluídas estas persoas se lles manipula con suma facilidade facéndoas pasar a calquera.

Conxunto da Pedra Leirada en A Tomada - Pobra

A forza de costume, fómonos habituando a representación das procesións actuais onde mais que un día de festa parece un día bélico, vendo como desfilan polo pobo as bandas militares con tambores e cornetas interpretando marchas bélicas acompañadas de estrondos de pólvora e insinuantes pendóns, que como estandartes, recordan as armas do corpo o que pertencían os batallóns. Logo nas procesións, por orden, desfilan o fronte da comitiva, os grupos pagáns. Gaitas do pais, xigantes e cabezudos. Polo medio van anxeliños, representantes do ceo. Verónicas e samaritanas, representando a paixón de cristo, e detrás do santo, vai o xefe espiritual da parroquia (autoridade eclesiástica) acompañado da autoridade civil, autoridades do orde, autoridades militares e nalgúns casos, destacados persoeiros das finanzas ou industria, persoas todas próximas a Deus. Detrás remata coa banda uniformada militarmente que con marciais ritmos marca a velocidade e o paso das ringleiras.

Cotinuará...

Tradicionalmente se coñecían por poderes fácticos o corpo militar, a banca, a igrexa e a prensa. Hoxe tamén se podían engadir, a radio e a televisión.

 

Este fragmento pertenece a outro conxunto de sete cruces que se atopa entre Moldes e San Alberte
Pedra con sete cruces no entorno da Leirada na Tomada - Pobra

Volver o ir a:

http://petroglifoscruciformes.lustabel.eu/