Viaxe polas fratrias ( en Atenas era una subdivisión dunha tribu) barbanzáns, na procura das desvahidas pegadas, que os nosos primixenios espallaron, polos lugares máis sorprendentes e apaixoantes deste fermoso territorio.
Esta é unha foto cedida por un Poltergeist, de como eran as nosas rías, fai 20.000 anos

Agora grazas a intervención de Manuel Gago, puiden rapiñar esta fotos de unha arqueóloga viguesa cuxo nome aínda non coñezo. Fai máis de dúas décadas, viaxamos a illa, Xosé Manuel Vázquez Varela e mais eu, para mostrarlle a anta que agora vemos escavada cos resultados a vista, que confirman a teoría do aumento do nivel do mar e consecuentemente a súa unión a Illa de Arousa. Tamén dicir que na mesma páxina onde substraxen as fotos, anuncian que as pezas encontradas atópanse no Museo de Pontevedra. Menos mal. Despois de tantos anos, xa era hora que —ainda que non se publicou nada— se mostrase algo do achadego, posto que sempre se fan con fondos públicos e merecemos un respeto.

Foto antes da excavación
Resultado da excavación
Foto cedida por Tucho Parada antes das anteriores
Cerámica de Xidoiros
Outra excavación próxima a anta. Probable vivenda circular cos muros caidos

Estas fotos pertencen tamén a Jidoiros. Como se pode observar, una xa foi invadida polo mar. Esta colleita coa marea baixa. A outra está recen descuberta por un temporal o longo deste lustro.

Aquí apreciase unha ringleira de pedras ciclópeas, que foi posta para refreo das ondas que erosionaban o monte onde se atopaba o Castro de Punta Ostreira no lugar do Xobre no Maño, Pobra do Caramiñal.

Esquema do cambio climático na Ría de Arousa
Por: Domingo regueira

Contador gratis