Santuarios Primitivos II

Descoñecemos se moitas destas pias ou grandes cazoletas, puideron ser usadas como sarcófagos para enterramentos. Probablemente si se chega a tempo, cando se analicen algunhas delas, poidamos acadar información sobre a súa posible utilización.

Pias no Monte da Cidá - Ribeira

Nin os romanos nin a igrexa, foron capaces de someter os galegos na dimensión que desexaron. A dicir verdade o cambio a penas se notou. Todo o que nos ofrecían os deuses pagáns, tamén no lo daban os santos e as virxes cristiáns. Quen o notaron foron os druídas que tiveron que ir a un paro forzoso, e no mellor dos casos abrir consultas en rigoroso privado; pois si os descubrían xa sabían o que lles esperaba.

Cruceiro policromado de Moldes (Virxe de Belén)
Mámos de Montemuiño- P. do Son
Cons de Vidallóns - Sirves Olveira

Sexa anatema quenquera que chame deuses ao Sol, á Lúa, Júpiter, Marte, Mercurio, Venus ou Saturno...

Aquí vemos que os celtas galegos tiñan coñecementos de astroloxía, coñecementos polo cal controlaban as plantacións

É curioso que a romaría de Moldes en Palmeira, coñézase por Moldes e non pola súa virxe que é a de Belén, e o cruceiro de Montemuiño en Porto do Son, coñézase por este nome e non polo da Virxe dá Leite.

Cruces próximas a Mámoa Longa - Ribeira
Cruceiro de Montemuiño P. do Son (Virxe da Leite)

As visitas a estes sacros lugares, véñense realizando desde tempos inmemoriais. Na actualidade observamos como nunca faltan exvotos ao pé destes santuarios onde non só acoden os devotos o día da súa onomástica, se non que o fan a todo o longo do ano, afirmando sen temor a equivocarnos, que desde o neolítico en que se iniciaron os primeiros enterramentos nas mámoas que se atopan dispersas ao redor destas encrucilladas, talvez, campos consagrados que dende aqueles afastados tempos, se veñen dando con estas visitas a modo de herdanza xenética de complexa e científica explicación.

Exvotos en San Antonio - Maño - Pobra
Exvotos en Moldes (Ribeira - Pobra)
Outra das impresións que percibimos na actualidade, é a de que seguimos baixo a influencia do cristianismo que condenou as prácticas dos druídas, pois coñecense algúns cemiterios como ó do Monte dás Animas en Quintás próximo a Lesón en Pobra ou ó dos Bufos na Illa de Arousa, que non se sabe por que causa, aínda a estas alturas non se fixeron os pertinentes traballos para pescudar a quen pertenceron.
Existe unha inmensa lagoa entre os enterramentos das mámoas e os que se fan nos cemiterios actuais. Sabemos que as incineracións veñen realizandodose na península desde remotos tempos e depositando as súas cinzas en urnas... Recentemente encontrouse unha tumba celta con muros ao redor similar ás dos lugares antes mencionados aínda que estas últimas de dimensións mais axustadas aos tamaños dos corpos.
O Cemiterio dás Animas de Quintás, está próximo á Pedra Leirada. Pedra sospeitosa esta, de ser un dos santuarios que o cristianismo na súa expansión mandaba destruír.
Cando non son Cruceiros, son ermidas. Lugares onde os sabios druídas celtas, coñecían as súas cualidaes ou forzas telúricas onde emanaban augas ou enerxías curativas que os cristiáns deron en chamar milagrosas.
Cobas no Monte das Animas -Pobra
Sarcófagos en Vilas - Pobra
Estes personaxes desde o cristianismo foron perseguidos polos seus adversarios, pois como hoxe, todos eran a disputarse os diñeiros das consultas. Os que ostentaban o poder, disputabanse a amizade cos deuses e consecuentemente os méritos para exercer de frades nos consultorios ou santuarios a modo de clínicas médicas actuais. A igrexa naqueles tempos, arremeteu contra os oficiantes dos santuarios. E os facultativos, perseguiron aos curandeiros, albeites e sabios antigos por carecer de títulos universitarios.

Lamentábase San Martín no Concilio II de Braga (572), dos sacrificios humanos e de animais que facían os xentís, rendendo desta maneira culto o diaño, pero unha vez arrebatado ou cristianizado o territorio, foron esquecidas tódalas prácticas oficiadas polos pagáns, esquecéronse e volveron a practicar os mesmos rituais con lixeiros cambios pero mais contundentes na súa disciplina chegando mais tarde a horrorizarnos coas súas exibicionistas torturas i execucións co espectáculo do patíbulo, rollo e picota, onde expoñían os membros do axustizado para escarmento da poboación.

Abrasando a xente séculos mais tarde, nunha demoníaca asfixiante atmósfera de churrasco, con desgarrados verros de dor, súplicas, impotencia e clemencia, en contra daqueles sacrificios de inocentes animais, que nos comezos criticaban.

Estas imaxes indícannos que a cultura das mámoas así como outras costumes, teñen unhas connotacións moito mais amplas do que se pensaba non fai moitos anos, pero o que non aprendemos, é a respectar estes vestixios, patrimonio da humanidade, senón fíxense no trato que nós lle damos as tumbas dos nosos antepasados que permanecen nos entornos mais próximos, como é: o Parque Periurbán de Ribeira, onde se cometen as aberración de gravar petroglifos e se erguen dolmens falsos que confundirán a corto prazo as novas xeracións. E mentres, estas mámoas, seguen a deteriorarse.
Fragmento do Coto de Deán - Ribeira
Mámoas en Kyongju - Corea
Mámoas Monte da Cidá - Ribeira
Esqueleto de Mámoa con cámara no Iroite
As cidades eran focos de cristianización, sen embargo , as xentes das aldeas rurais permanecían aferradas as suas crenzas ancestrais, especialmente na franxa noroeste da Península Ibérica. De aí, o termino “pagáns”, ( a xente dos pagos), que era como se referían despectivamente os clérigos os campesiños os que permanecían fieis os deuses ancestrais, rechazando a imposición cristián.
Incluso despois de ser oficialmente “cristianizados”, volvían a practicar os seus ritos pagáns o menor descoido do control de la Igrexa ou autoridades visigodas.
Non é moi creible que os "dons", que supostamente se atribuien a destacados cidadáns, sexan otorgados polo ceo.
O pe dunha lagoa na zona de Xuño, existe unha mámoa que aínda de menor tamaño que esta, podía ser motivo de atracción turística. ¿Hasta cando este atraso?

Estas ruínas ben podían corresponden a un templo ou santuario destruído pola voráxine do cristianismo na súa cruzada para evanxelizar aos indíxenas salvaxes e atrasados. Aboríxenes destas terras que endemoniados idolatraban aos deuses impostores e falsos, así como hoxe o seguen a facer polas tribos afastadas entre a foresta salvaxe dos territorios que non coñecen aos deuses modernos das distintas relixións salvadoras, que desenfreadas cabalgan en procura das almas descarriladas para salvalas do inferno.

Preguntámonos a quen dirixirían as pregarias os reos detidos pola Inquisición e tamén a quen poden dirixirse os desauciados nestes modernos tempos cando se ven embargados pola tiranía dos bancos, fiscalizados polas insensibles leis do estado e o flaxelador monopolio das enerxías, entretemento e alimentación.

Santuario sobre a elevación do castro de Punta Ostreira no Xobre - Pobra
Pavimento de extraordinario interés arqueolóxico a piques de desaparer neste mesmo santuario no lugar do Xobre - Pobra.
Fuste do Cruceiro de Moldes despois da absurda limpeza do policromado
Cruceiro de Moldes policromado
É lóxico que cantas reflexións se verten nestas paupérrimas liñas, non teñan a acepción nin sexan do agrado de todos, pero tamén existen lagoas e misterios que moitos quixeran dilucidar, que son entre outros, as enigmáticas cruces que se representan na fuste deste cruceiro. Cruces que seguramente alguén sabe o significado das mesmas, pero debido a apatía ou malévola intención de manter os rabaños sumidos na ignorancia, non facendo a debida literatura que contribúa a satisfacer as inquedanzas de cantos persoas desexarían coñecer as causas que levaron as ditas gravacións.

Volvendo aos vestixios que na actualidade aínda se poden ver como reminiscencia das ofrendas que no pasado se depositaban o pe dos altares pagáns, observamos botellas de aceite, mazorcas de millo e os "petos das ánimas" onde se introducían moedas que os cregos recollen.

<<Pero estes titubeos non só afectaron á cristiandade do século IV; un século despois aínda observamos unha situación moi similar na Gallaecia xa que dous capítulos orientais dos recolleitos nas actas do II concilio de Braga (572) seguirán reiterando a inconveniencia de levar alimentos aos sepulcros dos defuntos (“ac defunctorum sepulchra”) e de celebrar misas sobre os monumentos (“ad monumenta”), é dicir, nos cemiterios 16.

<<Era nestes santuarios onde os campesiños, agradecidos ás deidades polas boas colleitas, ofrecían os primeiros froitos>>

Restos de unha capilla no lugar da Granxa en Oleiros - Ribeira
Tamén contan os investigadores que cando cristianizaban algún destes lugares de culto pagán, escrituraban as terras correspondentes o mantemento dos santuarios, o nome da igrexa cristiá
Sete cruces próximo a San Alberte - Ribeira (Fracción)
A costume antiga de celebrar rituais sobre os túmulos, lévanos a pensar que nas mámoas da necrópole de Moldes, Montemuiño e da Graña no Iroite, tamén se oficiaban estas cerimonias que ó prohibilas foi cando se erixiron os cruceiros. transmutando os entes metafísicos orixinais, polos novos cristiáns; Levándonos a pensar que as mámoas con cámara de pedra puideron corresponder a figuras relevantes desta sociedade, debido a que, de enterrar a cada un no seu túmulo, ó través da pervivencia desta cultura, estaría o territorio sementado de mámoas. Por isto, é de supoñer, que algunhas destas tumbas servían como altar de incineración dos cadáveres que despois desto, os restos queimados metíanse nunha mámoa con cámara a modo de osario, a cuxa fosa tamén se arroxaban obxectos persoais do defunto. De darse esta teoría, poida que os saqueadores de mámoas, fose nestes osarios onde mais obxectos de valor extraeron.
Estructura Arca do Barbanza

Documento que alude al proceso incoado a principios del siglo, XVIII despues de la destrucción de más de 3.000 mámoas llevado a cabo en aquellos años.

<<...otras tierras se an atrevido a cabar y abrir las dhas (dichas) mamoas o modonas o castros sepulturas de gentiles sacando dellas el oro que an allado y usurpandolo a su magestad cuyo hes (cuyos) sin guardar la orden que su magestad hes servido dar segun sere por lo que han hecho desde que el dho mi parte despacho al dho (dicho) Jacome vazquez guerra y cada dia van con su malicia adelante por tanto y yo en el dho (dicho) nonbre requiero a todos los presentes y por ellos a los ausentes una dos y tres y las mas beces que puedo no se atreban a tocar en las sepulturas gentiles manifestadas por mi parte por ser del rey nuestro señor y pertenecer a su real hacienda y de las que an abierto registren y manifiesten clara y abiertamente lo que han allado subjetandose a la clemencia de su magestad y en lo han sihacer hazan bien y de lo contrarioy de parte de su magestad protestos seran castigados con el rigor del dercho y leis destos reinos y para que conste de su contumacia y malicia y de la nocencia de mi parte y celo que tienen en servir a su magestad hago publicamente este requerimiento y del pido muchos otros asuntos>>

Mámoas en Corea
Enterro en Corea cara as mámoas
Ir a: SANTUARIOS III
Estela funeraria en Queiruga - Porto do Son

<<Los entierros de los galos eran magníficos y suntuosos, quemando con ellos todas las cosas que a su parecer amaban en vida, incluso los animales; y no ha mucho tiempo que solín acabadas las exequias de los difuntos, echar con ellos en la misma hoguera sus siervos y criados mas queridos.>>

Esto é o que din que contaba C. Julio Cesar das súas aventuras polas terras galas pero como outras traduccións hai que ser cauteloso sobre a súa posible manipulación pois xa temos experiencias nas distintas maneiras de escribir historias de batallas e conquistas. Pois son máis cribles os horrores dos circos romanos, que este relato, co que este Cesar nos pretende facer crer demonizando as clases relevantes da Galia.

¿Os Xitanos a raza megaliteira?

A raíz de ver un suceso, onde uns xitanos manifestaban o seu desgusto pola profanación de un nicho onde tiñan enterrado ao seu pai, ó cal lle habían quitado un par de aneles de ouro e un par de reloxos que segúndo  os fillos e a viúva, insistían en que eran pertenzas do defunto, e polo tanto, tiña dereito a levalas con sigo. Esta manifestación, levoume a pensar que aínda permanecen estas costumes ou culturas iguales que as dos megaliteiros que tamén enterraban os seus, cos enxovais (prendas, armas e demais utensilios) que lle pertenceron na súa vida.

A todo isto, ocorréuseme, que esta raza xitana podían ser a prosapia de aquela civilización considerada perdida, pois non se entende que as mámoas que contiñan as pertinencias dos defuntos, permaneceran miles de anos sen que hasta o século XVIII se descubriran os tesouros que nestas mámoas permaneceron soterrados.

Outra das curiosidades que arroupan esta teses, é o nome polo que se coñecen os monumentos megalíticos da nosa terra. A Casa do mouro, A Cova do mouro, O Forno do mouro a Fonte do Mouro... Se analizamos o nome de mouro, sabemos que mouro, asociase ó moreno , negro ou escuro, non raza negra, aínda que por aquí, acostumábase a poñerlle “mouro”, os cans negros.

O xitano mantén a costume primixenia de vivir en chousas provisionais, obedecendo esta circunstancia a súa nómada maneira de vida, deambulando de un lado a outro “... su espíritu errante no tiene fronteras ..." En tódalas necrópoles que atopamos ao largo da Barbanza, a penas encontramos restos do que puideron ser as aldeas dos constructores das mámoas. Existen restos que afloran sutilmente insinuando o que puideron ser os seus poboados, pero vou ser cauto ata que se realicen unhas científicas escavacións para poder compoñer este puzle tollido, anquilosado, empantanado, ignorado, menosprezado e mal xestionado.

¿Será a actual raza xitana a descendente dos megaliteiros?

Deixo este comentario para que os profesionais da arqueoloxía—que teñen tempo para estudar e reflexionar sobre esta materia—, por se cadra algún día, nos poidan ilustrar sobre a mesma.

 

Ilustración: D. Regueira
Ilustración: D. Regueira
Casarota do Fuxiño - Ponte da Portela (Pobra - Boiro)
Máis mámoas. Pequenas tumbas en (Samgun Li, Corea) Foto sustraida de unha páxina cuxo autor descoñezo. Prégolle me disculpe a intromisión. Grazas.

¡Que humilde!

¡Que natural!

¡Que romántico!

¡Que sinxelo!

Homenaxe a un defunto devolvéndoo a terra coa naturalidade que debe darse a un finado, xa que ó fin, todos somos desprovistos da forma que nos distingue física e socialmente, transformándonos en esqueletos de igual fermosura e personalidade, desprendidos de todo canto poder, influencia e recoñecemento social tivemos.

Os grandes mausoleos fanse para honrar os vivos o modo de brasón familiar onde coma un cartel de empresa consta o nome do clan familiar para fachenda e realce da súa posición social, enchendo de flores os fríos mármores, que, a modo de santuarios de mal gusto, mais ben parecen pesos, para impedir que os que están debaixo, no saian.

Se cadra non estaría demais, investigar a identidade deste San Antonio. O de arriba é un esxvoto fenicio.