Santuarios Primitivos I
Por: Domingo Regueira

En tódolos elementos que a natureza nos presenta, sexan paisaxes, pedras, arbores e animais; cada un deles difire de outro resaltando pola súa estética, beleza, sustancia, volume ou intelixencia no caso de animais e humanos. Nestes últimos, a natureza tamén dota a algúns con virtudes ou calidades que se reflexa nas dotes intelectuais ou habilidades, sexa en destreza no deporte, baile, canto ou calquera das artes musicais, plásticas e tamén no desenrolo dos seus sentidos olfactivos, degustativos ou sensitivos, referíndonos en este último as facultades que certas persoas posúen para intuír ou comunicarse con entes espirituais de outras dimensións, que ó parecer, tamén existen.

Pedra do Lobo - Palmeira
Sacrificio os deuses pagáns
Pedra de A Cruz -Aguiño
Ó Fondo, Insua da Pirilla - Palmeira

Estes ritos facíanse diante de unha fronte, carballo, penedo ou fogaza, que a modo de teofanía, servía de enlace entre os entes divinos e humanos. Os Druídas eran ecoloxistas e naturalista. Eecuánimes coa natureza respetando por tanto a pureza dos mesmos.

Na antiguedad cavernaria tamén existían estes destacados cidadáns, cada un no seu, coas súas virtudes. Uns eran bos guerreiros, outros menciñeiros e outros bos bailaríns, cómicos ou dirixentes espirituais; estes últimos, para protexer o clan das adversidades que a natureza descargaba sobre a súa comunidade. Eran os bruxos ou chamáns que liberaban dos males òs doentes, ou o menos, daban consolo, esperanzas, remedios e preventivas recomendacións .

Pedra de Rascacú en Aguiño
Pedra da Ra - Carreiriña en Carreira

Estas labores exercidas naqueles tempos por druídas, saludadoras ou meigas; Persoas con disposicións especiais que cumprían coa súa misión ó modo que hoxe o fan as "nobres autoridades” desta sociedade moderna e progresista, chea de glamour, fashion e ledicia, onde so sofren os suxestionados pola desgracia, campesiños, mariñeiros e traballadores autónomos; incapacitados e mutilados psiquicamente para percibir e goze do estado de benestar que según os gurús politicos i estadísticos, se "está" a vivir, nesta gloriosa nación chea de todo: prostitución, mafias, narcotrafico, consumo de drogas, botellóns, delincuencia, corrupción, xusticia exemplar e consentidos ladróns que operan desde asilos, residencias de anciáns e outras institucións, fundacións, chiringuitos e demais administracións.

Miguel Anxel dicía, que o arte, é un don que recibimos do ceo.

Pedra na zona da Graña en Carreira
Pedrecelos ou Pedra da Ferreira

O Druída pregáballe ás lagoas, fontes e astros, indulxencia para os seus, oficiando rituais a todos eles, nunha liturxia sinxela e primitiva.

Anahita deusa das augas, mantiña estas limpas, e aptas para beber. Ceibes de contaminación e poboadas de salmóns, troitas, reos, londras e castores.

Pedra no lugar da Penisqueira - Aguiño

As relixións pagás foron prohibidas pola cristiá, por considerarse, primitivas e salvaxes, pois cóntase que nalgunhas prácticas chegáronse a ofrecer aos deuses, víctimas humanas e de animais considerados inocentes pola cristiandade.

Atalaia en Ribeira

"Degollarás el novillo en el pilón ante Yavé y regarás de sangre el altar todo en rededor"

(Biblia)

A Garita-Ribeira
Pedra das Rañadas - Carreira
Pedra da Ferreira - Olveira
Couso - Aguiño

Pedras míticas do Carregal, onde Roldán pideu a Deus unha hora máis de sol, para que Oliveiros poidera vencer a Fierabrás

Zona de Casalnovo - Artes

Nesta pedra (A Atalaia), que supostamente puido ser un altar de sacrificio, aprécianse unhas pegadas de acceso picadas na mesma rocha, dunha forma moi rústica, coma se fosen labradas con outra pedra e non cunha ferramenta metálica, xa que non se aprecian ángulos vivos, do mesmo xeito cos que se atopan nas pegadas da pedra veciña. A Garita.

San Alberte - Ribeira
Pedra coñecida por: Igrexa dos Mouros en Palmeira
Continuación

O Fondo, Illa da Pirilla. A pedra da esquerda coñecese polo nome de Altar e no alto ten unhas pegadas, que chaman, Os Pes de San Pedro en Palmeira

<<Todavía en el año 675, en la celebración del Concilio XII de Toledo , los obispos reunidos renuevan la represión de los paganos o politeístas en estos términos: >>

Canon XI.

<<Non para castigo dos delincuentes, senón para TERROR non impoñemos por este noso decreto a pena de morte, senón que avisamos ós adoradores dos ídolos, ós que veneran as pedras, ós que acenden fachos, e adoran as fontes e ás árbores, que recoñezan como SE CONDENAN ESPONTANEAMENTE A MORTE A AQUELES QUE FAN SACRIFICIOS AO DIAÑO(...) e CASTIGUEN CON AZOUTES a todos aqueles que concorren a un horror desta natureza, e CARGANDOOS CON CADEAS, entréguenos ós seus señores, sempre que os seus donos prometan, mediante xuramento, que eles lles vixiarán tan coidadosamente que non lles sexa posible en diante cometer tal crime(...) e se fosen persoas libres as que estivesen complicadas nestes erros, serán castigados á pena de excomunión perpetua e ENVIADOS A UN SEVERO DESTERRO?.

Carballal - Ribeira
Sobreira de Pumadiño -Pobra do Caramiñal

Estes persoeiros que hoxe aparecen na sociedade na figura de reis, papas, ayatolás e outros fenómenos do fútbol e da farándula ; supónselles unhas singulares virtudes onde os magos do marketíng e chanchullos, encárganse de maquillalos de tal maneira, que fan que aparezcan como exemplarizantes humanoides a piques de emitir luz. Ou así os deben ver, os seus fanáticos adoradores que contribuien cos seus diezmos, ós millonarios e amorales sustentos e fichajes.

(borrador)

Outeiro de Paramillas - Vilar-Carreira

Cando San Martín Dumiense prohibe nos seus sermóns o culto ás fontes, pedras árbores e usar o lume nos rituais celtas galegos, <<...no mar invocan a Neptuno, nos ríos ás Lamias, nas fontes ás Ninfas, nos bosques ás Dianas>>, estalles dicindo aos seus seguidores, que anatematicen a todo aquel que presente <<culto ao diaño>> con estes rituais.

Santuario de San Alberte, construído probablemente á beira dun altar pagán aproveitando a influencia do mesmo, transmutando o deus ou a divindade que o druída controlaba, polo deus cristián que o ermitaño suplantou en advocación.

Naqueles tempos os druídas intercedían entre as forzas da natureza e os membros da comunidade, pregándolles clemencia diante das desgracias que os fenómenos atmosféricos lles vertían en forma de fríos, choivas, secas i enfermidades.

Sobre estas pedras, se cerne a hipótese de ser usadas como altares por remotas civilizacións, onde no alto, inmolábanse animais baixando o sangue polos canles do ara formada á vez, por unha cazoleta que casualmente aparece no cume de moitos destes outeiros.

En contra de cantas vantaxes achegaba á sociedade a nova doutrina, os priscilianistas, seguidores dos ensinos dos druídas, estes non escravizaban á poboación facéndolles construír mosteiros, catedrais e templos de vaidosas e carísima factura. Adoraban á natureza e non necesitaban das suntuosas obras de fábrica, que aínda hoxe, sorprende a enxeñeiros e arquitectos contemporáneos, tanto polo seu esaxerado custo material, como coñecementos no deseño arquitectónico e de enxeñería.

Cada sacerdote, bruxo ou albeite, era especialista no seu, do mesmo xeito que os médicos sono cada un na súa especialidade, e así os santos tamén, avogados dunha causa ou mal, e deste maneira, creáronse mais deuses, virxes, santos, reis, papas, homes do tempo e demais talismáns, para protexernos das calamidades incontroladas da natureza .

Debido á dispersión da poboación, esta primitiva liturxia puido resistir o acoso do cristianismo permanecendo na actualidade seme oculta baixo un manto de musgos como vestixio de un pasado— non sabemos se peor ou mellor—, que cada ano afloran a modo de romarías, nos mesmos lugares onde os sacerdotes pagáns ofrendaban e honraban aos seus mortos, afastados dos núcleos ou aldeas; en encrucilladas e ermidas solitarias dedicadas ás lamias, ninfas ou lares.

A pesar do acoso e persecución que sufriron os druídas célticos condenados polo poder eclesiástico, político e facultativo, puideron chegaron aos nosos días os albeites, menciñeiros, nubeiros, trobeiros e meigas. Todos eles, descendentes e herdeiros da sabedoría druídica, que a pesar das súas denuncias chegaron a este século.

Anos despois, no canon II do Concilio XVI de Toledo séguense perseguindo ós adoradores dos ídolos, ós veneradores das pedras, ós encendedores de fachos, ós que renden culto ós lugares sacros das fontes e das árbores, e fanse augures e encantadores.

Sobre o ano 391, foi cando se dictou a orde de prohibir toda clase de cultos pagáns.
Pero a pesar das prohibicións tanto imperiais como clericais en condenar calquera manifestación pagán , os cultos politeístas perviviron na Galiza durante moito tempo, trala caída de Roma e as invasións xermanas do século V.

<<Ya a comienzos del siglo IV d. C, cuando aún el cristianismo no contaba con el respaldo del Estado Romano, el canon XLI del Concilio de Iliberris (Granada) obligaba a los grandes propietarios cristianos nada menos que a destruir los “ídolos” (representaciones de los Dioses) y evitar su culto entre sus siervos. >>

No canon LXXII do Concilio II de Braga, celebrado no ano 572, prohíbese conservar as tradicións dos xentís, nin festexalas, nin tampouco tomar en conta os elementos, ou o curso da lúa, ou das estrelas, para a sementa ou plantación de árbores ou para a celebración do matrimonio. No LXXIII prohíbese celebrar as calendas (día primeiro de mes, especialmente o de xaneiro), nin adornar as casas con loureiro, coroas vexetais etc. No LXXIV , prohíbese recoller herbas medicinais.
Non eran tales cultos ao diaño as practicas relixiosas do celtismo, o que pretendía a igrexa era destruír esta cultura impoñendo a súa, e para iso, nada mellor pretexto que demonizar os rituais celtas, para impoñer un novo orden e arrasar con canto libro, sabedoría, costumes ou xerme que puidese ser motivo de resurtimento das prácticas politeistas.

De manterse hoxe a idolatría celta, non sabemos si gozaría de máis convicción no aspecto: racional, natural i ecolóxico que a cristiá, si comparamos aqueles sinxelos rituais coas representacións teatrais de agora como son as Semanas Santas, con ruídos infernais de modernos tamborileiros, campaneiros e bombardeos dinamiteiros, véxanse os fogos do Nazareno na Pobra do Caramiñal e demais parroquias cos seus Santísimos Sacramentos, e verbenas en honra aos santos que con millóns de vatios, invaden o silencio nocturnal que seguramente os xentís hoxe considerarían profanación de un dereito universal ó cal o deus do silencio Arpócrates, anatemaría aos presidentes e membros das comisión destes festexos por irreverentes e arrepiantes apóstatas. Emponzoñadores do ar. Pois non chega coas ondas dos móbiles que os poderosos verten ó espacio, que algunhas comisións destes seudos beatos, veñan a remachalo o cravo desbordando a contaminación acústica.

Queiman reumáticos no San Xoán e pólvora no sacramento, Nazareno e Pincheiros.

Aérea de San Alberte - Ribeira
Cruz lunada de Montemuiño- P. do Son
Cornos do Boi mirador Monte Cidá - Ribeira
San Alberte

Naqueles tempos os verros camiñaban no ar sen obstáculos ningúns. Dende a casa chamábase a Manuel que estaba apañando herba na braña, e dende a Pedra Grande chamábase por Andrés, que estaba pescando nunha fanequeira a duas millas.

¡ Andreeessssss , a comeeeeer!

¡Xaaa vouuuuuuuu!

Sentíanse os galos e os cans. O ar estaba limpo como estaban os mares, ríos, fontes e lagoas.

<<Hai persoas con dons ou virtudes para relacionar ideas.>>

Hai persoas que asfixian por carencia de aire; e outras de xustiza.

Nestes tempos, os dons herédanse cos apelidos.
Ilustración: D. Regueira
Ilustración: D. Regueira
Ilustración: D. Regueira

Contador gratis